venres, 27 de novembro de 2015

UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA

Boas!!!
O 25 de novembro celebramos o día internacional contra a violencia de xénero.
Aproveitamos para  plasmar nestes carteis a nosa repulsa contra todo tipo de actos violentos.








Xuntos cantamos unha canción de Amaral moi emotiva :)
 
 
 
 

Despedímonos con unha triste nova, hoxe deixounos un gran narrador, poeta e periodista.
Autor do coñecidísimo libro "Memorias dun neno labrego".
 
XOSÉ NEIRA VILAS
 
 
 
                     "Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".


 

xoves, 26 de novembro de 2015

GRANDES CIENTÍFICOS

Boas!

Aos alumn@s de 1º encántanos aprender cousas novas :) :) 





Hoxe fomos a biblio do cole para  saber  algo sobre ciencia e coñecemos cousiñas que non sabiamos  sobre algúns científicos famosos.



Que bonito é aprender en boa compaña ;) ;) 




martes, 24 de novembro de 2015

FELIZ CUMPLE NA DISTANCIA ^^

Boas a tod@s!!!
 
Hoxe o noso compi Breixo fai 6 anos!!!
 
Como leva unhas semaniñas enfermo, non puidemos festexalo como nos gustaría pero acordámonos moitísimo del.
 
 
 
 
 
 
 
Esperamos que che guste moito o vídeo e que te recuperes :) :)
 
 
 
 
 
 

domingo, 22 de novembro de 2015

"UN LIBRO É UN AGASALLO QUE PODES ABRIR UNHA E OUTRA VEZ"

Benvid@s a unha nova entrada ^^
 
Aínda que somos moi pequen@s ,sabemos que a lectura é moi importante no noso día a día.
 
Cada vez gústanos máis ler e queremos participar na aula para poder demostrar o ben que o facemos. Nalgúns  recreos, subimos a biblio para ler un pouquiño ou para coller libros e levalos a casa.
 
 
 
                                                        
 
                Encántanos compartir a lectura cos nosos papis e mamis :)
 
 
 
 
 
                                     
 
                     (Aínda que algunha vez ocorra isto jaja)
 
 
 
 
 
Sabemos que estades moi cans@s  porque traballades moito e non tedes tempo libre,pero tamén sabemos que por vernos felices facedes moitos esforzos...
 
Queremos pedirvos aos papis, mamis, avós ou avoas que preparemos xunt@s un conto para ser os protagonistas dun contacontos na biblio do cole.
Estaremos super orgullosos de que os nos@s compis vos coñezan!!!
 
 
Para calquer dúbida sobre este tema,poñédevos en contacto coas nosas mestras Marisol e Lucía.
 
 
 
RECORDADE QUE A BIBLIOTECA É UN LUGAR PARA A PRODUCIÓN E A CREACIÓN
 
ANIMÁDEVOS E EMPEZADE A CREAR!!!!
  
 
 

xoves, 19 de novembro de 2015

FELIZ CUMPLEANOS ;) ;)

Boas!!!
 
 
Onte tivemos un cumple moi especial en 1ºA xa que Paula e Aldara cumpliron 6 anos!!!
 
Trouxéronnos unhas madalenas super ricas e fixemos unha gran festa :)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Que ben o pasamos!!!
 
 
 
 
 

luns, 16 de novembro de 2015

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ , A PAZ É O CAMIÑO


PORQUE UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE CENTOS DE PALABRAS...






Os nenos e nenas do CEIP ROSALÍA DE CASTRO gardamos un minuto de silencio polas vítimas do atentado ocorrido o pasado venres en París.

Somos moi pequenos para entender algunhas cousas pero o que temos claro é que queremos UN MUNDO SEN GUERRAS!!!

No noso pequeno mundo de felicidade non hai cabida para a violencia, só para o respeto, a tolerancia e a igualdade.



TOCA REFLEXIONAR....





FELIZ CUMPLE IRIA :) :) :)

Ola!!!!
 
Hoxe tivemos una pequena festa en 1ºB  para celebrar os 6 anos de Iria e pasámolo xenial :) :) :)
 
 
 
 
 Que ricas estaban as galletas, gracias!! :)
 
 
 
 
 
 
 
 
Encántanos celebrar cumples porque xogamos,comemos doces e bailamos as cancións que tanto nos gustan:)
 
 
 
Pero o que máis nos gusta de todo é cantar o cumpleanos feliz, xa vedes que lle poñemos moitas gañas pero sobretodo voz jajajaja
 
 
 
Esperamos que sigades vistando o noso blog e que nos deixedes comentarios porque nos fan moitísima ilusión :)
 
Ata pronto!!!!!!
 
 
 

domingo, 8 de novembro de 2015

FELIZ CUMPLEANOS!!!!

Boas!!!
 
O martes 20 de Outubro a profe Lucía estivo de cumpleanos e quixo compartilo con nós con una gran festa: comemos unha merendola, xogamos, bailamos, cantamos... pasámolo xenial!!!!
 
 
 
A profe díxonos que fóra un cumple moi especial  e que lle fixera moita ilusión pasalo con nós :)
 
 
ATA PRONTO!!!!!
 
 
 
 

mércores, 4 de novembro de 2015

SUPER CELEBRACIÓN :)

O pasado día 29 disfrutamos dun día de festa moi completo...pasámolo xenial !!!
 
Xogamos o brilé, o pano, as chapas, a corda e fixemos carreiras de sacos e de castañas. Todos os xogos nos gustaron moito pero os que máis disfrutamos foron as carreiras.
 
Pola tarde comemos as castañas e recordamos unha estrofa que aprendemos cando comezou o outono:
 
 

 
                                          OUTONO FERMOSO
                                          FOLLIÑAS NO CHAN                  
                                          CASTAÑAS ASADAS
                                          QUE RICAS ESTÁN!
 
 
 
A verdade é que estaban riquísimas !!!
 
 
 
O momento máis especial do día e que levabamos agardando toda a semana foi a noso baile terrorífico. Actuamos na biblioteca e con un público super especial ...os nosos compañeir@s de 5º
 
Que emoción!!!!

Eles tamén nos tiñan preparada unha canción en inglés, que ben o fixeron !!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                                 SOMOS UNS ARTISTAS!!!!
 
 
 
 

    ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES VENDO COMO FOI O NOSO DÍA ;)

martes, 3 de novembro de 2015

QUE MEDO !!!!!

BOIÑAS!!!
 
Os días previos ó Samaín estivemos traballando una emoción moi importante: o medo.
 
Na aula falamos das cousas que nos asustan: arañas, fantasmas, escuridade..
 
Todos os nosos medos escribímolos na momia que chegou por sorpresa á biblio.
 
 
 
 
 
Que chulos quedaron os nosos marcapáxinas terroríficos e que medo cos nosos fantásticos disfraces !!!!
 

                                                                            


                               
 
 
Esperamos que vos gusten estas fotos pero estade atent@s porque aínda nos quedan cousiñas por ensinar....
 
 
     ATA A PRÓXIMA!!!!!