A pesar do pequen@s que somos,dámonos de conta de que neste mundo no que vivimos hai momentos nos que non podemos vivir en paz. Isto é algo que nos entristece pero que non fai que perdamos a esperanza de poder vivir nun mundo mellor :) :)
Como din as nosas mestras,nós somos o futuro e por iso, temos que ter claro que o respeto,o diálogo e a comprensión son necesarios para percorrer este camiño tan complexo chamado VIDA.
Estes últimos días estivemos traballando a figura de TERESA DE CALCUTA, activista pola paz que defendeu aos máis pobres e indefensos e por iso foi merecedora do PREMIO NOBEL DA PAZ.
Xunto aos nosos compañeiros de 3ºA investigamos sobre a súa vida e logo escollemos as dúas frases que máis nos gustaron de Teresa e tentamos plasmalas dunha maneira orixinal :)
Esta foi a nosa frase elexida
Pensamos que tivemos una idea moi bonita :) :)
GRITAMOS BEN FORTE ! ! !
BICOS DE CHOCOLATE
Ningún comentario:
Publicar un comentario